Zelenski censurou oito canles de televisión acusadas de difundir propaganda rusa

| |

Esta terza feira deu a volta ao globo a imaxe difundida polo presidente de Ucraína, Volodimir Zelenski, da captura do deputado Víktor Medvedchuk, un dos líderes do principal partido opositor no país, Plataforma de Oposición-Pola Vida, o segundo máis votado após a formación de Zelenski —Servidor do Pobo—.

Medvedchuk aparece vestido cun traxe militar, segundo a intelixencia ucraína co obxectivo de «ocultarse das forzas nacionais» tras ter fuxido do seu arresto domiciliario [desde mediados do pasado ano], algo que Zelenski cualificou de «cinismo».

Xa en febreiro de 2021, o Goberno ucraíno impuxo unha serie de sancións a Medvedchuk e o tamén deputado de Plataforma de Oposición Taras Kozak. En consecuencia, foron fechadas oito canles de televisión propiedade deste último empresario: 112-TV, NewsOne, ZIK, Novy Format, Ariadna TV, TV Vybor, Partner Tv e Leader TV, consideradas o «principal altofalante» do partido opositor.

A ollos do líder da oposición e home de negocios, Zelenski buscaba con esta medida «limpar o campo informativo» para «frear a caída da súa popularidade», nun momento no que aínda non principiaran as hostilidades de Rusia.

El presidente, pola súa parte, xustificou a decisión alegando que se trataba de «propaganda financiada polo país agresor [Rusia]» e que «a loita pola independencia é loitar tamén a guerra de informacións pola verdade e os valores europeos».

Só tres meses despois, en maio, un tribunal ucraíno impuxo arresto domiciliario a Medvedchuk, acusado de «alta traizón» e «saqueo de recursos nacionais» en Crimea, onde presuntamente tería adquirido xacementos de gas e petróleo en conivencia con Rusia. O deputado opositor cualificouno de «represión política».

A Xustiza ucraína acusábao de «producir de maneira irregular petróleo e gas» na rexión do mar Negro e «facilitar» a través da subministración de carbón as actividades dunha «organización terrorista» no Donbass.

Previous

Simeone ataca Guardiola amb molta duresa

El futuro de Haaland, cada vez más claro

Next

Deja un comentario