Rusia acusa os EUA de impulsar unha campaña de desinformación a nivel mundial

| |

“Unha campaña de desinformación a grande escala”, así cualifica o Ministerio de Relacións Exteriores de Rusia a actuación dos Estados Unidos (EUA) con respecto á suposta invasión de Ucraína.

“A finais de 2021 e principios de 2022, o espazo de información global enfrontou unha campaña mediática sen precedentes na súa escala e sofisticación”, sostén o organismo, que salienta que o obxectivo desta campaña “é convencer a comunidade mundial de que Rusia está a preparar unha invasión a Ucraína.

Nas últimas xornadas, responsábeis da Administración dos EUA como o asesor de Seguridade Nacional Jake Sullivan, declararon que Rusia atacará durante ou ao remate dos Xogos Olímpicos de Inverno, que están decorrendo en Beijing (China).

Non obstante, o embaixador ruso en Washington, Anatoli Antonov, reiterou que estas acusacións non “están apoiadas por ningunha evidencia”, e incide en que nunca se ofrecen probas.

“Incluso os observadores locais sinalan que a confianza da cidadanía estadounidense nesas declaracións diminuíu bruscamente”, defende, cando amais, na primavera de 2021 os EUA e a alianza militar que lideran, a Organización do Tratado do Atlántico Norte (OTAN), xa reiteraran que Rusia estaba a piques de atacar Ucraína, e que supostamente contaba con milleyros de soldados na fronteira preparados para a acción.

Asemade, os EUA recomendaron que as persoas dos EUA que residan no país abandonen Ucraína.

Ao longo do día, está programada unha chamada telefónica entre o presidente ruso, Vladimir Putin, e o seu homólogo estadounidense, Joe Biden, que chega após as conversas entre Ucraína, Alemaña, Francia e Rusia.

Dmitri Kozak, xefe adxunto da Presidencia rusa, acusou estes países de estar “xogando” e de non ter ningunha intención de cumprir os acordos de Minsk, que marcaba as pautas para a normalización da situación.

Previous

Polémica por el despido de 40 trabajadores del último hotel de Messi

Las polémicas marcan las comparecencias de los técnicos antes del derbi

Next

Deja un comentario