promoven un manifesto pola paz desde a…

| |

‘Non á guerra. As vosas guerras, os nosos mortos’, leva como título un manifesto lanzado a segunda feira desde a Galiza para exixir «o inmediato cesamento de calquera hostilidade e a recuperación do argumentario das ideas como única confrontación posíbel», da man do retorno das «vías de negociación diplomática» para resolver discrepancias e diferenzas.

Lanzado por persoas como Antón Mascato, Lola Varela, Dionisio Pereira, Cruz López ou Francisco Macías, o texto incide na indignación pola in-tervención militar rusa, e reclama a «restauración da paz e o desarmamento militarista de todos os Estados», facendo fincapé en que a comunidade internacional ten que actuar de mediadora por medio de institucións como a Organización das Nacións Unidas.

Aliás, insta a reducir os orzamentos en materia militar: «Os investimentos na militarización das nosas sociedades provocarán unha peor sanidade, educación, protección social, etc.».

Relacións de «multipolaridade»

Defendendo un mundo multipolar e o fin de calquera acción imperialista, o manifesto pide «salvagardar os dereitos e liberdades da cidadanía» e que os Estados español e portugués asuman unha «radical neutralidade, comprometéndose coa paz e a non intervención militar bélica».

«O amparo das xentes do común de calquera nacionalidade ou territorio —en especial a poboación ucraína, incluída a de Donetsk e Luganks—, pois son sempre as vítimas dos crimes de guerra, desta e de todas as guerras: as vidas de seres humanos, as súas vivendas, os seus recursos», engade.

O texto conclúe cun chamamento a «camiñar cara a un mundo no que as relacións sexan de multipolaridade, afastada de calquera pretensión de dominio unipolar, hoxe representado no bloque belicista liderado polos EUA-OTAN».

Previous

La madre de Mbappé podría frustrar su fichaje por el Madrid

Iñaki Urdangarin está haciendo prácticas no remuneradas en el Barça

Next

Deja un comentario