Do asalto ao Capitolio á escalada de tensión en Ucraína

| |

Asalto ao Capitolio

Apenas 6 días despois de comezar 2021, seguidores de Donald Trump, daquela presidente dos Estados Unidos, asaltaban o edificio do Capitolio en Washington D.C. para tratar de evitar que Joe Biden fora declarado como gañador das eleccións por parte dos integrantes do Senado e da Cámara de Representantes.

Amais dos cinco mortos, ducias de feridos e máis de 50 detidos, o acontecido supuxo un golpe á credibilidade dos EUA como unha democracia consolidada.

Golpe de Estado en Myanmar

O 1 de febreiro, o Tatmadaw (Forzas Armadas birmanas) arrestou os membros civís do gabinete e acusou de fraude a líder de facto do país, Aung San Suu Kyi, e o presidente, Win Myint, que acabaron en prisión.

Nos comicios, a Liga Nacional pola Democracia obtivo unha maioría avasaladora sobre a formación avalada polos militares. A represión posterior ao golpe deixou máis de 1.300 mortos a mans do Exército, que aínda segue a manter a cooperación militar con Estados como o Xapón.

Crise en Haití

El presidente de Haití desde 2017, Jovenel Moïse, foi asasinado o 7 de xullo por parte de mercenarios colombianos e estadounidenses de orixe haitiana contratados por un opositor venezolano, sen que aínda estean claros nin os motivos do crime nin parte dos feitos.

O terremoto de 7,2 na escala de Richter un mes despois acabou de desestabilizar o país, que se atopa controlado por bandas armadas impulsadas por Moïse e que comezaron a actuar libremente após a súa morte.

Novo chanceler alemán

No continente europeo, a despedida de Angela Merkel tras exercer como chanceler durante 16 anos é un dos grandes cambios que se produciron en 2021. A alemá foi unha das principais arquitectas da austeridade tras a crise económica de 2008 aproveitando o predominio xermano na Unión Europea (EU).

Non obstante, tamén fixo de colchón entre Rusia, a China, e as faccións máis extremistas da UE xunta os Estados Unidos. Foi substituída por Olaf Scholz, que devolve o Partido Socialdemócrata ao liderado do Executivo, nunha coalición con verdes e liberais.

Avance da esquerda en América

Golpe na mesa das forzas progresistas no centro e sur de América, que agardan 2022 para confirmar a chegada dunha nova era nas eleccións en Colombia e no Brasil.

As vitorias de Pedro Castillo no Perú, Gabriel Boric en Chile, Daniel Ortega en Nicaragua e Xiomara Castro en Honduras supoñen a consolidación dunhas políticas que sufriron un retroceso na década pasada pero que, unha vez máis, voltan a converterse en maioritarias.

O único éxito dos conservadores produciuse en Ecuador, que optou por Guillermo Lasso como presidente.

Vacinas contra a Covid-19

A pandemia de SARS-CoV-2 declarada en marzo de 2020 continúa marcando as vidas de boa parte da poboación mundial a pesar do avance no proceso de vacinación, co 58% da poboación mundial con cando menos unha dose.

Porén, o repartimento é marcadamente desigual, con todos os continentes entre o 61% e o 76% de habitantes cunha picada agás África, que non chega ao 15%, proba do fracaso de mecanismos como Covax para garantir o acceso de todo o mundo ás vacinas, ao tempo que as farmacéuticas privadas obteñen beneficios millonarios coas doses de reforzo nos países con máis ingresos.

Precisamente a falta de vacinas nalgúns Estados é o que provoca a aparición de novas variantes como Ómicron.

Xogos Olímpicos

Por primeira vez desde a recuperación das Olimpíadas na época moderna, tiveron lugar en ano impar, por mor da Covid-19, o que tamén implicou un dispositivo especial e restricións para o público en Tokio (Xapón).

Os Estados Unidos impuxéronse nas medallas na última xornada, superando por un ouro á China, que asemade confirma no terreo deportivo o desenvolvemento que está a vivir.

Cambio climático

A Conferencia das partes do cambio climático da Organización das Nacións Unidas (COP26) que decorreu en novembro en Glasgow (Escocia), representou unha nova oportunidade para que os Estados do mundo asumiran compromisos eficaces para reverter a situación actual, na que o quecemento ao final do século será de 4,4ºC.

Mais os resultados quedaron moi lonxe das expectativas, até o secretario xeral da ONU, António Guterres, cualificou de insuficientes os acordos, que aínda mantendo o obxectivo de 1,5ºC de aumento da temperatura neste século apenas fai un chamamento para acabar co uso do carbón, e foi moi criticado polos pequenos Estados e as nacións insulares, as máis afectadas.

Os EUA intensifican os ataques contra Rusia

Tanto na primavera como nas últimas semanas, os EUA e a alianza militar que lideran (OTAN) responsabilizan Moscova dun suposto aumento de tropas militares para invadir Ucraína. Pola súa parte, Rusia non só nega que vaia atacar, senón que defende que forma parte dunha campaña para xustificar a colocación de sistemas de ataque nas fronteiras do país e advirte da preparación dunha guerra contra eles.

Nas primeiras semanas do ano, os tres actores discutirán a proposta dunhas garantías de seguridade elaboradas por Rusia.

Previous

Abde no ha elegido a España, ha elegido al Barça

El Barça encuentra una posible salida para Coutinho

Next

Deja un comentario